Alfoz
Pena Abaladoira (O Cadramón)
Alfoz
Desde Ferreira do Valadouro pola estrada LU-P-0101, ao pé da subida ao Cadramón, atópase o indicador que sinala a ruta que leva á Pena Abaladoira. Tamén se pode acceder desde Castrodouro (Alfoz).
A pena abaladoira é un gran bolo granítico de 4 m x4 m x5 m cun peso aproximado de 20 toneladas. Posúe coviñas e posibles restos de ter esculpida unha “bicha”, serpe xigante con cabeza humana.
Na antigüidade foi lugar de culto e rituais, e atribúense distintos poderes sanatorios e máxicos segundo varias lendas, que van desde cura de verrugas co sangue dos animais que sobre ela se sacrificaban, rituais de fertilidade e mesmo, dependendo de si se movía ou non, determinaba a inocencia ou culpabilidade dos reos, práctica presente ata o século XIII.
Concello Alfoz
Alfoz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central.
Casa do Concello
A Seada, s/n. 27773 Alfoz (Lugo) Teléfono 982-558581 / Fax 982-558504 correo-e concello.alfoz@eidolocal.es
Datos 2019
Alcalde Val Díaz, Jorge (PSOE)
2019 Censo: 1757 Superficie (km2) 77.5 Entidades de poboación 153
Galipedia
Web do concello

































