Becerreá
Concello Becerreá
Becerreá é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares.
Casa do Concello
Praza do Concello, s/n. 27640 Becerreá (Lugo) Teléfono 982-360004 / Fax 982-360518 correo-e cultura.concellodebecerrea@gmail.com
Datos 2019
Alcalde Martínez Núñez, Manuel (GaS)
2019 Censo: 2827 Superficie (km2) 172.1 Entidades de poboación 115
Galipedia
Web do concello
Os Ancares
Santa María de Penamaior
27695 Becerreá (Lugo)
Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá
Igrexa de Santa María de Penamaior
27695 Becerreá (Lugo)
Igrexa de San Cosme de Ouselle
27668 Becerreá (Lugo)
Igrexa de Becerreá: hoxe antano
EDICIÓN E TEXTO: JOHANA RODRÍGUEZ SANTÍN, LAURA GONZÁLEZ DEIROS, SAMARA RODRÍGUEZ POY
Despois de algunhas averiguacións modificamos este post porque descubrimos que o a foto antiga se corresponde co actual Bar Correos. A curva estaba sen edificar e a montaña do Toro vese ó fondo, deforestada. A foto antiga foi tomada o 9 de xuño durante a procesión de Corpus, en que sacaron á rúa todos os Santos e estandartes. O Bar Correos funcionou como templo ata o ano 1927 en que a igrexa actual neogótica foi inaugurada, pero non se sabe duranto canto tempo, aínda que hai referencias de que durante os anos da gripe española (1918-1919) os cadáveres levábanse alí.
FOTO: Aínda que con mocificacións nas portas, o edificio parece incluso o mesmo. As casas da dereita ocultan a paisaxe.
FOTO: RUTH MATILDA ANDERSON 1925 durante unha procesión de Corpus Cristi coa montaña do Toro ao fondo.g
FOTO: Superpoñemos o perfil das montañas antes (cultivos) e hoxe (forestadas). Foto actual dende o edificio que tapa a vista.
Casa de Bao: hoxe e antano
EDICIÓN: ÁLVARO POY / DIEGO MÉNDEZ. TEXTO: ELISA/ NOELIA / YOLANDA/ CARMIÑA.
Esta casa atópase ao lado esquerdo da Praza da Fonte dos Caños. Tivo varias reformas estéticas, especialmente na galería e unha nova pintura. Polos anos setenta a casa chegou albergar catro negocios, ademais da vivenda. Eran unha reloxería chamada "Puga", unha librería, unha guardicionería (onde se encargaban de facer instrumentos con coiro e vendelo), e os "Almacenes González" que aínda se mantén aínda que noutra ubicación. Coñecemos a historia da man do noso profesor Antón Bao, relacionado por familia coa casa.
A Casa de Bao é una das máis caracterísitcas do pobo, na praza da Fonte dos Caños.
FOTO: ELISA PARDO MERLÁN E NOELIA LÓPEZ POY. A curiosa galería volada facendo esquina é unha das modificacións que se aprecian observando as dúas fotos.
Ponte de Cruzul: antano (pendiente foto actual)
TEXTO E EDICIÓN: DEIROS/M. ANGEL. Na parroquia de Cruzul, Becerreá (Lugo), sobre o río Narón. Foi construída no século XVIII. Proxectada polo enxeñeiro francés Lemour nos anos 1770, por mandato do rei Carlos III. A ponte foi un símbolo da modernización que o rei ilustrado quixo dar a España, transformando os camiños reais en carreteras nacionais. A N-VI pasou por esta ponte durante 200 anos; lémbrase especialmente o paso da comitiva da raíña Isabel II no ano 1858, de xeito que na zona coñecese como ponte de Isabel II. O viaducto de cruzul ten noventa e catro metros de lonxitude e case 30 de altura, con tres arcos de medio punto; é de estilo neoclásico e está construído con enormes bloques de caliza da zona. Anos despois da súa construción, tivo lugar un episodio da Guerra da Independencia e atopáronse nesta ponte máis dun milleiro de fusís. Agora mesmo ten un bo estado de conservación.
FOTO: ARQUIVO HISTÓRICO: Esta foto é moi antiga, pensamos que de finais do século XIX, pero teremos que confirmalo.






















